fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Manuel Vázquez Vázquez

Manuel Vázquez Vázquez

Catedrático de Universidade

Área de Máquinas e Motores Térmicos

Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos


Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial

Despacho 216
Campus Universitario
36310 Vigo

 

  +34 986 812 179
 

Espazo web en UVIGO

Curso 2018/2019: Docencia


1º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría da Enerxía
V09G290V01306 | Sistemas térmicos

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01302 | Sistemas térmicos


2º CUADRIMESTRE:

Grao en Enxeñaría da Enerxía
V09G290V01302 | Termodinámica e transmisión de calor

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G310V01405 | Calor e frío


Curso 2018/2019: Titorías



Breve CV


Enxeñeiro Industrial pola Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Bilbao no ano 1973. Dende ese ano ata 1987 traballa en diversas empresas de Galicia, fundamentalmente na Dirección Técnica e de Proxectos. Esta actividade compaxínaa co exercicio libre da profesión tendo proxectado diversas instalacións industriais. É colexiado do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia dende o ano 1974. En 1985 inicia a actividade investigadora no marco do desenvolvemento da súa Tese de Doutoramento, e en 1986 inicia a súa actividade docente como profesor na Escola Superior de Enxeñeiros Industriais de Vigo. Obtén o grao de Doutor Enxeñeiro Industrial en 1987, ano a partir do cal dedícase en exclusiva ás labores docente e investigadora. No aspecto docente, obtén por oposición unha praza de profesor Titular de Universidade no Departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo no ano 1990, e unha praza de Catedrático de Universidade no mesmo Departamento no ano 1998. Ó longo destes preto de trinta anos impartiu docencia nas Escolas Superiores de Enxeñeiros Industriais e de Minas de Vigo . É autor de libros docentes de Termodinámica e Centrais Térmicas. Tamén foi Coordinador e Profesor dos Programas de Doutoramento impartidos polo Departamento de Enxeñería Mecánica da Universidade de Vigo. A súa actividade investigadora estivo, e segue estando, basicamente centrada no estudo da Enerxía Solar e as súas aplicacións, sendo, dende o mencionado ano 1987, pioneiro en Galicia neste campo. No ano 1994 crea o Grupo de Investigación de Enxeñería Solar e Refrixeración da Universidade de Vigo. Ten publicado máis de cen artigos en revistas e congresos especializados internacionais e nacionais. Realizou estadías como investigador invitado en departamentos de diferentes países, entre os que se inclúen, en Canadá o Laboratorio de Enerxía Solar Térmica da Universidade de Waterloo, Ontario; en E.E.U.U. o Centro de Investigación de Ciencias Atmosféricas da Universidade de Nova York en Albany, o Laboratorio de Enerxía Solar e Transferencia de Calor da Duke University en Durham Carolina do Norte, o Laboratorio de Enerxía Solar da Universidade de San Diego, California; no Reino Unido o Laboratorio de Enerxía Solar da Universidade Napier en Edimburgo, e en Alemaña o Instituto de Termodinámica Técnica do Centro Alemán de Investigación Aeroespacial en Stuttgart. Participou en contratos de I+D+i con diversas empresas e administracións con un montante por riba do medio millón de euros. Foi investigador principal e coordinador de diversos proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas, con un montante de subvención obtida por riba do millón de euros, sendo de destacar os proxectos financiados por la Unión Europea que permitiron realizar as instalacións fotovoltaicas autónomas, pioneiras en Galicia, das Illas Cíes en 1997 e do Parque Natural de O Invernadeiro, en Vilariño de Couso, Ourense, en 2000. Tamén cabe destacar, pola súa importancia no ámbito galego, a dirección e coordinación do proxecto que permitiu elaborar o Atlas de Radiación Solar de Galicia, do ano 2005, e o proxecto cuxo resultado foi a publicación do libro de título “Radiación Solar e Severidade Climática en Galicia”. Foi socio fundador e Presidente da Asociación Española de Energía Solar. Foi Director da Sección Española da International Solar Energy Society e membro do Board of Directors de dita Sociedade.Colaborou como membro do International Advisory Committee na organización dos Solar World Congress. Foi Presidente do Comité Organizador e Presidente do Comité Científico de varios Congresos Ibéricos e Iberoamericanos de Enerxía Solar. Foi membro do Comité Externo de Expertos do Centro de Investigación en Tecnoloxía Solar de Alta Temperatura na Plataforma Solar de Almería, pertencente ó CIEMAT, e do Comité de Expertos Avaliadores en temas de enerxía do Ministerio de Ciencia e Innovación. É revisor da revista Solar Energy. Entre os premios relevantes recibidos é de mencionar a Insignia de Ouro concedida no ano 2007 polo Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais polos méritos á labor científica e de fomento e divulgación das enerxías renovables en Galicia.