Fernández Seara

Catedrático/a de universidade

Área de Máquinas e Motores Térmicos
Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Despacho 153
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 605
jseara@uvigo.es

Breve CV

Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Navarra en 1994. Doutor Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo en 1999. Desde 2007 é Catedrático de Universidade da área de Máquinas e Motores Térmicos na Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 1994. Os seus intereses de investigación son sistemas de refrixeración, bomba de calor, intercambiadores de calor, acumulación de enerxía térmica e procesos de transferencia de calor e masa. Participou como autor, autor de capítulo ou editor en 10 libros de investigación e como autor ou autor de capítulo en 5 libros docentes. Participou como coautor en 48 artigos de revista clasificadas no Journal Citation Reporte (JCR) e en 139 artigos publicados en Actas de Congresos Internacionais e Nacionais. Participou como Investigador Principal ou Investigador en 16 Proxectos subvencionados en Convocatorias Públicas e como Investigador Principal en 54 Proxectos financiados por Empresas ou outras Administracións. É coautor en 2 patentes. Realizou 3 estadías de investigación no estranxeiro. Colaborou na organización de máis de 12 Congresos Científicos e participou nos Comités Científicos de máis de 15 Congresos. Dirixiu 4 Teses Doutorais, 15 Traballos para a obtención do Diploma de Estudos Avanzados (DEA) e Traballos de Fin de Máster e 101 Proxectos Fin de Carreira e Traballos de Fin de Grao. Foi Coordinador de 3 Programas de Doutoramento durante 8 bienios. É membro da Comisión B2 Do International Institut of Refrigeration (IIR) de París desde 1912, membro do Comité Técnico Nacional da Asociación Española de Climatización e Refrixeración (ATECYR) 2006, vogal da Xunta Directiva da Sociedade Española de Ciencias e Técnicas do Frío (SECYTEF), desde 2002, membro da Xunta Directiva da Asociación Española de Climatización e Refrixeración en Galicia (Agrupación ATECYR Galicia) e Socio de Honra da Asociación Clúster da Xeotermia Galega (ACLUXEGA) desde 2010. Foi censor de 69 artigos de revistas internacionais. Foi avaliador externo da ANEP os anos 2004-2007, 2009 e 2013 e é avaliador da Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) desde 2014.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G290V01702 | Tecnoloxía frigorífica e climatización
V09G290V01606 | Transmisión de calor aplicada

2º cuadrimestre