Liz Marzán

Catedrático/a de universidade

Área de Matemática Aplicada
Departamento de Matemática Aplicada II

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Despacho D211
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 127
eliz@dma.uvigo.es

Breve CV

Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990 con Premio Nacional e Premio Extraordinario. Doutor en Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1994 con Premio Extraordinario. Desde 2008 é Catedrático na Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 1990. Os seus intereses de investigación céntranse na teoría cualitativa de Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos que proveñen de modelos en Ciencias Aplicadas, especialmente en dinámica de poboacións. É coautor de máis de 90 artigos de investigación, investigador principal de 7 proxectos do Plan Nacional desde 1998 e participante en varios proxectos internacionais e redes temáticas. Realizou 28 estadías de investigación (15 en centros estranxeiros) e impartiu conferencias por invitación en 32 congresos internacionais (9 delas como conferenciante plenario) e 8 nacionais. Foi presidente do Comité Organizador dun congreso internacional, coordinador doutro, colaborou na organización doutros 4 congresos e é editor de tres libros de Proceedings. Director de 5 Teses de Doutoramento (dúas en curso). Foi Director do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo. É membro do Comité Editorial de 3 revistas internacionais e foi censor de 73 revistas de investigación. É avaliador externo da ANEP e das axencias de investigación de Austria, Canadá, Chile, Eslovaquia, Francia, Hungría e República Checa. Recibiu varias distincións polo seu labor docente e o premio Bellman de investigación 2014/2015, outorgado por Elsevier polo seu traballo en bioloxía matemática.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G290V01103 | Matemáticas: Álxebra lineal
V09G290V01104 | Matemáticas: Cálculo I

Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos

V09G310V01103 | Matemáticas: Álxebra lineal
V09G310V01104 | Matemáticas: Cálculo I

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Grupo de Ecuacións Diferenciais e Simulación Numérica

Liñas de investigación

  • Sistemas dinámicos
  • Ecuacións diferenciais
  • Ecuacións en diferencias