Patiño Vilas

Profesor/a titular de universidade

Área de Máquinas e Motores Térmicos
Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Despacho 120
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 604
patinho@uvigo.es

Breve CV

Enxeñeiro Técnico Industrial en Mecánica (UVigo 2003). Enxeñeiro Industrial (UVigo 2006). Doutor pola Universidade de Vigo en 2009. Profesor Titular de Universidade desde 2014. A súa actividade docente comezou en 2007 e céntrase principalmente na Enxeñaría Térmica e os Motores e Turbomáquinas Térmicos. Os seus intereses de investigación son a combustión de biomasa e outros sistemas de xeración térmica de baixa potencia. É coautor de máis de 45 artigos JCR, máis de 40 contribucións a congresos nacionais e internacionais e participante en máis de 20 proxectos de investigación subvencionados e/ou en colaboración con empresa. Realizou estadías de investigación no estranxeiro en Edith Cowan University (Australia) e a Universidade de Ostrava (República Checa) Dirixiu/codirixiu máis de 40 Proxectos Fin de Carreira, 30 Traballos Fin de Grao e 5 Traballos Fin de Máster. Censor de revistas JCR (ATE, Fuel, Energy and Fuels…) e avaliador experto ANEP desde 2013. Goza de 2 sexenios de Investigación (2006-2011, 2012-2017) e 2 quinquenios docentes (2009-2013, 2014-2018). Actualmente é coordinador do Grao en Enxeñaría da Enerxía e subdirector de Infraestruturas e Asuntos Económicos da eME

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G290V01608 | Motores e turbomáquinas térmicas
V09G290V01991 | Traballo de Fin de Grao

Horarios de titoría

1º cuadrimestre

Luns: de 10.00 a 13.00 h (no despacho 120 da EEI)
Martes: de 10.00 a 12.00 h (no despacho 120 da EEI)

2º cuadrimestre

Luns: de 10.00 a 12.00 h (no despacho 120 da EEI)
Mércores: de 11.00 a 14.00 h (no despacho 120 da EEI)

Período sen docencia

Luns: de 10.00 a 13.00 h (no despacho 120 da EEI)
Martes: de 10.00 a 12.00 h (no despacho 120 da EEI)

Investigación

Grupo de investigación

GTE (Grupo de Tecnoloxía Enerxética)

Liñas de investigación

  • Combustión de biomasa
  • Medición e redución de emisións de partículas en combustión sólida
  • Motores térmicos e sistemas de coxeración