Coa implantación do espazo europeo de educación superior (EEES), o ensino e a aprendizaxe en linguas estranxeiras cobra especial relevancia. Para promocionar o coñecemento e o uso de idiomas cos que responder con eficacia aos retos dunha sociedade globalizada e culturalmente diversa, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo oferta a partir do curso 2017/18 un plan de internacionalización de docencia en inglés.

O plan de internacionalización consiste nunha oferta estruturada de materias en inglés dirixida tanto á captación de estudantado internacional como á internacionalización do estudantado propio.

O estudantado de intercambio pode cursar polo menos un cuadrimestre completo en inglés e o estudantado propio pode cursar polo menos 10 materias do grao en inglés.

If you come to the School of Mining and Energy Engineering from a non-Spanish speaking country, you have the possibility to choose among the following subjects taught in English.

O plan comeza no curso 2017/2018 finalizando a súa implantación no curso 2019/2020.

Código Materia
G290101 Graphic expression
G290301 Electrotechnology
G290303 Materials Technology
G290306 Thermal systems
G290305 Fluid mechanics
G290707 Electrical energy management
G290203 Statistics
G290401 Geomatics
G290601 Hydraulic resources, installations and hydro-power plants
G290801 Projects
G290608 Thermal engines and turbo-machines
Código Materia
G310101 Graphic expression
G310301 Electrotechnology
G310302 Thermal systems
G310305 Fluid mechanics
G310701 GIS and land management
G310203 Statistics
G310401 Geomatics
G310631 Hydraulic resources, installations and hydro-power plants
G310802 Projects
G310303 Materials Technology

Información de interese

  • A matrícula (prazos, procedementos, etc.) é igual que o dunha materia ordinaria.
  • Todos os créditos (grupos A, B e C) das materias que forman parte deste programa impartiranse completamente en lingua inglesa.
  • A guía docente da materia, así como o material docente (transparencias, apuntamentos, etc.) e de avaliación (exames, problemas, etc.) deben estar redactados en lingua inglesa.
  • O estudantado debe realizar todas as actividades (exames, presentacións, traballos, etc.) en lingua inglesa.
  • O centro non esixe un nivel oficial de coñecemento de lingua inglesa para poder matricularse nestas materias, pero recomenda que o estudantado que opte por participar teña un nivel B1 ou equivalente.
  • O profesorado das materias ofertadas foi acreditado mediante exames oficiais para impartir docencia en inglés.

Vantaxes para o estudantado

O Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación do estudantado nestes programas:

  • Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
  • Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do estudantado nos casos de igualdade de puntuación tras a aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria.
  • Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional.
  • Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ao título.
  • Accións de apoio para a formación lingüística do estudantado, por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación.

Responsable do Plan de Internacionalización

José Santiago Pozo-Antonio
Coordinador de relacións externas e mobilidade
+34 986 814 077 (despacho)
+34 986 130 211 (laboratorio 1.03 do MTI)
eme.internacional@uvigo.es

(martes e xoves: 10.00 – 13.00 h no despacho 3 da Dirección)