fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Vitamina, un oasis dentro da EE de Minas e Enerxía

A idea está baseada nas ‘resting rooms’ típicas das multinacionais estadounidenses

A EE de Minas e Enerxía abriu esta semana un espazo de descanso que ofrece ao alumnado un lugar no que pensar, conversar, traballar, debater, meditar, ensaiar, etc. Deste modo, os alumnos e alumnas poderán reunirse de forma informal fóra dos emprazamentos tradicionais ou simplemente recuperar enerxías, descargar tensións acumuladas e relaxarse para continuar con éxito a súa xornada de estudo e traballo. Ademais, o espazo, que recibe o nome de Vitamina, tamén poderá ser empregado para actividades docentes e, de feito, pese á súa recente inauguración, xa foi utilizada con estes fins polo profesorado. O nome deste lugar de relaxación foi elixido mediante unha votación realizada a través das redes socias, na que se propuxeron varias opcións, pero Vitamina foi a que finalmente resultou gañadora.

Vitamina
Ler máis...

Drones que serven para todo o que se poida imaxinar

A EE de Telecomunicación acolle o Atlantic Geospatial Day coa presenza das firmas galegas do sector

Cando no ano 2010 o volcán islandés Eyjafjallajökull entrou en erupción, provocou un caos aéreo que afectou a máis de 100.000 vós e 1.200.000 pasaxeiros. Daquela, a ausencia en toda Europea dun vehículo non tripulado que puidese avaliar “in situ” os efectos da cinza nas aeronaves provocou importantes retrasos na apertura do espazo aéreo europeo. Un ano máis tarde, o accidente ocorrido na central nuclear de Fukushima en Xapón volveu poñer en evidencia a importancia de contar con vehículos non tripulados capaces de operar, neste caso, na zona afectada pola radiación, que finalmente puido ser sobrevoada por drones chegados de EEUU.


Vitamina
Ler máis...

A comunidade de seguidores do Xeolodía esgota as prazas nada máis abrirse a inscrición

Só queda algunha praza vacante no nivel avanzado, dirixido a profesorado de secundaria

España celebra esta fin de semana a gran festa da xeoloxía, o xa coñecido como Xeolodía, unha iniciativa coa que divulgar a importancia da xeoloxía e o labor dos seus profesionais e que, a día de hoxe, “conta xa cun público moi fiel, participativo e agradecido”, tal e como destaca o profesor do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio Bienvenido Díez, un dos responsables locais desta iniciativa, “moi satisfeito”, porque esta actividade, que na provincia de Pontevedra arrancou en 2011, conta xa cunha comunidade de seguidores que nada máis abrirse o prazo de inscrición para esta edición esgotou xa todas as prazas dispoñibles. “Foi unha resposta inmediata e nada máis abrirse a convocatoria cubríronse todas as prazas, a día de hoxe só queda algunha praza dispoñible no nivel avanzado”, explicou Díez, que non dubidou en afirmar que “se tiveramos o dobre de prazas teríamolas cuberto”.

Xeolodía
Ler máis...