fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Universidade abrirá as súas portas ao alumnado de ensino medio e ás súas familias do 18 ao 20 de xuño

Só será preciso realizar inscrición previa para grupos de máis de 15 persoas

Charlas, talleres, visitas guiadas, exhibicións, obradoiros… A Universidade de Vigo celebrará do 18 ao 20 de xuño unha gran Xornada de Portas Abertas, XOU, tres días nos que a institución convida ao alumnado de ensino medio e ás súas familias a achegarse aos campus e coñecer máis de preto as diferentes escolas e facultades e a vida universitaria. Será o 18 no campus de Ourense, o 19 en Pontevedra e o 20 en Vigo e as persoas interesadas poderán achegarse sen necesidade de realizar ningún tipo de inscrición previa, salvo que se trate de grupos de máis de 15 integrantes.

20190531
Ler máis...

Preto de 150 persoas participaron en Santa Trega no Geolodía 19

Bienvenido Diez: “A xente amosouse moi interesada e recibimos moitas felicitacións”

Preto de 150 persoas participaron este domingo no monte de Santa Trega nas diferentes actividades organizadas pola Facultade de Ciencias do Mar e a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Geolodía 19, evento que se celebra a nivel nacional e que, tras un parón dun ano, volveu organizarse na provincia de Pontevedra da man da Universidade de Vigo. “Foi un día espectacular, a xente amosouse moi interesada e recibimos moitas felicitacións, sobre todo polas temáticas tratadas”, salientou Bienvenido Diez, profesor do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio e coordinador desta actividade na UVigo, quen salienta que, dende a organización se fixo, “como é habitual”, un esforzo importante por tratar as diferentes cuestións do xeito máis divulgativo posible.

20190513
Ler máis...

Ester Navarrete e Borja Jerónimo García reinan na HappyGoRunning-Cidade Universitaria

1 euro de cada inscrición doarase á Fundación Galega contra o Narcotráfico

Ester Navarrete e Borja Jerónimo García foron os triunfadores da HappyGoRunning-Cidade Universitaria, a carreira que na tarde desta sábado reuniu no campus vigués a case tres centos de persoas, dentro do circuíto de carreira populares RunRun Vigo.

Por quinto ano consecutivo, Ester Navarrete, cun tempo de 34 minutos e 40 segundos, proclamouse vencedora da categoría feminina mentres que Borja Jerónimo Martínez completou os 10 km da proba en 31 minutos e 08 segundos, proclamándose vencedor da masculina. O podio feminino completouno Leticia Fernández (00:36:15) e Sandra Mosquera (00:37:11) e o masculino Daniel Bergiela (00:32:29) e Víctor Hugo Pacheco (00:33:45).

20190429
Ler máis...

Vigo, representada no Cartel de Minas que se celebra en Albi

Trátase dun foro que ten unha importante compoñente de convivencia

A cidade francesa de Albi acolle a partir de hoxe xoves o Cartel de Minas, un encontro internacional no que se dan cita arredor de 2000 estudantes de Enxeñaría de Minas de escolas de Francia, España, Alemaña e Marrocos. Ao longo de tres días os deportes serán os protagonistas desta cita que ten tamén unha importante compoñente lúdica, festiva e de confraternización.

20190425
Ler máis...

20 diapositivas, 20 segundos e unha oportunidade para destacar na improvisación oral

A Escola de Minas e Enerxía celebra o concurso de oratoria EME-Pakuxa

Temáticas descoñecidas, un tempo limitado e moita capacidade de improvisación son os tres ingredientes do concurso EME-Pakuxa que este mércores celebrou a Escola de Minas e Enerxía. Participaron neste certame catro estudantes do centro organizador, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, de Bioloxía e de Ciencias do Mar. Cada un deles e delas afrontaron o reto de demostrar as súas capacidades como oradores ante o público e ante un xurado composto por tres representantes do alumnado, o persoal de administración e servizos e o corpo docente da EME.

20190403
Ler máis...