fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Universidade mobiliza as mulleres tecnólogas para incrementar o número de alumnas nas titulacións de enxeñaría

O alumnado feminino de novo ingreso non superou este curso o 20% nos sete centros

A brecha de xénero que existe nas carreiras técnicas e que non fai senón agrandarse nos últimos anos, afecta por igual a todas as titulacións do ámbito da enxeñaría que se imparten nos tres campus da Universidade de Vigo.

Co obxectivo de reverter unhas cifras que sitúan a presenza de alumnado feminino de novo ingreso este curso nos sete centros nos que se imparten titulacións de enxeñaría nun 19,7% e unificar as accións que as escolas están a realizar illadamente para captar alumnas, a Universidade de Vigo pon en marcha IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería.

A Universidade mobiliza as mulleres tecnólogas para incrementar o número de alumnas nas titulacións de enxeñaría
Ler máis...

O Club Deportivo Minas e Enerxía bota a andar coa vista posta na futura celebración dunha olimpíada entre escolas

A iniciativa do alumnado presentouse coa celebración do I Torneo Minerxético UVigo

Da pretensión de seis alumnos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, en colaboración coa delegación de estudantes do centro, de fomentar o deporte entre o alumnado nace o Club Deportivo Minas, que hoxe se presenta coa celebración, no pavillón de deportes da universidade, do I Torneo Minerxético UVigo. “O noso obxectivo, desde un principio, é fomentar participación de estudantes no deporte, así como xerar compañeirismo, integración social ou espírito de equipo”, explican Carlos Landín, Andrés Iglesias e Carlos Gómez, tres dos seis integrantes do club, o primeiro destas características, que sinalan, existe neste intre na Universidade de Vigo.

O Club Deportivo Minas e Enerxía bota a andar coa vista posta na futura celebración dunha olimpíada entre escolas
Ler máis...

Ser o mellor expediente de grao na Escola de Enxeñaría de Minas ten premio

Carlota Sánchez e Pablo Durán, egresados da cuarta promoción, foron galardoados hoxe

A súa preferencia polas materias de matemáticas e física, “ademais da xeoloxía que tamén topaba atractiva”, e non unha vocación, foi a que levou a Carlota Sánchez Alonso a matricularse no Grao en Recursos Mineiros e Enerxéticos. Rematada a titulación o curso pasado, este mércores Carlota, que neste intre está a cursar un mestrado nos Países Baixos, recibiu, xunto ao seu compañeiro de promoción Pablo Durán Gómez, o premio aos mellores expedientes da cuarta promoción dos graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos que outorga a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía a Universidade de Vigo. “Con estes premios recoñecemos o esforzo realizado por este alumnos de traxectoria académica brillante e tamén motivamos ao estudantado que actualmente está a cursar estes mesmos títulos para que sigan o seu exemplo”, explica Natalia Caparrini, directora da escola, que sinala, que máis aló do expediente, o alumnado galardoado sempre destaca noutras moitas facetas na aula e no centro.

Ser o mellor expediente de grao na Escola de Enxeñaría de Minas ten premio
Ler máis...

O Foro Tecnolóxico de Emprego agarda superar os 2500 currículos recollidos en 2017

Este ano colaboran nesta cita máis de 50 empresas, 33 delas con stand propio

É a gran cita anual co emprego do ámbito tecnolóxico, organizado por e para o alumnado das tres enxeñarías do campus: Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación. Hoxe arrancou no campus a XVIII edición do Foro Tecnolóxico de Emprego e fíxoo coa expectativa de superar os 2500 currículos recollidos en 2017. Participan medio cento de empresas, 33 delas con stand propio, son unha nutrida mostra das principais firmas do sector, algunhas xa clásicas desta cita (Repsol, R, Aluminios Cortizo, BorgWarner…) e outras que se incorporan este ano (Norvento, EDF Solar, Televés…) atraídas, sobre todo, polo tirón de ter presenza nun foro ao que acoden as novas xeracións de profesionais recén incorporados e incorporadas ou a piques de incorporarse ao sector laboral.

O Foro Tecnolóxico de Emprego agarda superar os 2500 currículos recollidos en 2017
Ler máis...

100 persoas participan nun obradoiro sobre ciencia e tecnoloxía nuclear

Máis dun cento de alumnas e alumnos organizan o evento, que se celebrará do 7 ao 9 de marzo

Preto de 100 persoas participan este venres na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía nun obradoiro básico sobre ciencia e tecnoloxía nuclear, organizado por Jóvenes Nucleares, organización dependente da Sociedade Nuclear Española. Ao longo da xornada, os participantes puideron coñecer a realidade deste tipo de enerxía, atendendo tanto aos seus principios físicos como ás súas aplicacións na vida diaria ou á xestión dos seus residuos. Os obxectivos desta iniciativa céntranse en achegar coñecementos xerais, polo que non era preciso formación previa, e resolver os aspectos máis sociais ou mediáticos, como os referidos á seguridade das centrais ou o seu impacto ambiental.

100 persoas participan nun obradoiro sobre ciencia e tecnoloxía nuclear
Ler máis...