fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

A Universidade participa na primeira iniciativa internacional de conservación e restauración da arte urbana

Con preto dun millón de euros de orzamento, remata no ano 2020

O seu carácter efémero e a súa desprotección de tutela de conservación, son os trazos máis salientables da arte urbana, unha manifestación artística contemporánea independente, que converte o espazo público no que se produce nun lugar para a experiencia e o diálogo artístico-social.

20181029
Ler máis...

Begoña Cid, Eduardo Liz e Frank Hilker gañan o XVI Premio Bellman en Biomatemática

Empregou as cores para explicar o funcionamento básico do ollo humano

O premio Bellman é un dos galardóns máis prestixiosos a nivel internacional no eido da Bioloxía Matemática. Concédeo cada dous anos a editorial Elsevier a un artigo publicado na revista Mathematical Biosciences e, na súa última edición, outorgóuselle a un traballo asinado por Begoña Cid e Eduardo Liz Marzán, investigadores do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo, xunto co investigador alemán Frank Hilker, da Universidade de Osnabrück, autores dun traballo sobre o uso de modelos matemáticos en dinámica de poboacións.

20181024
Ler máis...

Un experimento vigués con pompas de xabón triunfa na final nacional de Ciencia en Acción

Empregou as cores para explicar o funcionamento básico do ollo humano

“Por empregar obxectos tan fráxiles como as pompas de xabón para introducir de forma moi atractiva a todo o público conceptos físicos relacionados coa luz: reflexión, refracción e interferencias, así como o funcionamento básico do ollo humano”.

Así argumenta o xurado do certame Ciencia en Acción 2018 a concesión do 1º premio Ex Aequo ao traballo "Uno de los interferómetros más sencillos del mundo: nanotecnología de salón", do profesor e exdirector da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía José Benito Vázquez Dorrío.

Un experimento vigués con pompas de xabón triunfa na final nacional de Ciencia en Acción
Ler máis...

Comeza o estudo das pinturas rupestres prehistóricas de Vilardevós

Dirección Xeral de Patrimonio financia a intervención arqueolóxica

Un equipo galaico-luso liderado pola Universidade de Vigo está a realizar o proxecto de intervención arqueolóxica no abrigo con pintura rupestre prehistórica localizado no Concello de Vilardevós, na provincia de Ourense, o pasado ano. O proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, permitirá afondar no coñecemento “do segundo sitio con pinturas de estilo esquemático que se descubre e escava en Galicia”, segundo subliña Beatriz Comendador, profesora da Área de Prehistoria da Universidade de Vigo e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) que dirixe o proxecto.

A historia antiga reescríbese en feminino
Ler máis...

Benvida ao novo estudantado de grao da EME

O día 7 de setembro de 2018, deuse a benvida ao novo estudantado do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e ao Grao de Enxeñaría da Enerxía. Neste evento realizouse a presentación a cargo do equipo directivo de diferentes aspectos relacionados coa vida universitaria. Falouse das xestións administrativas que todo estudante da Universidade de Vigo ten que facer ao comezar os seus estudos, da mobilidade estudantil e da planificación docente (materias, horarios, exames, etc.). Ademais interviñeron representantes de diferentes asociacións da Universidade e da Escola como o clube de debate, o equipo de rugby feminino e a Delegación de alumnos presentando os diferentes grupos e eventos que coordinan.

A Sociedade Española de Mecánica de Rochas premia a unha investigadora viguesa
Ler máis...