fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Imaxes que rachan cos estereotipos de xénero na enxeñaría de minas e da enerxía

A foto gañadora mostra unha traballadora no alto dun aeroxerador

A fenda de xénero nas titulacións universitarias é unha das caras máis visibles da desigualdade, con escasa presenza de mulleres nas titulacións técnicas e graos relacionados coa saúde e os coidados totalmente feminizados. A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo trata de rachar cos estereotipos asociados coas enxeñarías en diferentes actividades e propostas, unha delas é concurso de fotografía MULLE.Rme para dar visibilidade ao sexo feminino nas profesións técnicas como as relacionadas coa enxeñaría de minas e enerxía.

20190306
Ler máis...

A Universidade proxéctase en Edugal coa súa maior representación nesta feira

Máis de 5000 estudantes pasarán nestes días polo Pazo da Cultura

Máis de 5000 estudantes, segundo a organización, pasarán entre este mércores e este venres pola oitava edición do Salón de Oferta de Educación e de Formación de Galicia Edugal, que nesta xornada celebrou a súa inauguración no Pazo da Cultura e no que a Universidade de Vigo participa coa súa maior representación ata a data no evento que promove a Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe) e que reúne a un total de 56 expositores. 17 facultades e escolas dos tres campus contan cun stand propio no espazo no que a institución académica busca achegar información e asesoramento aos que poden ser os seus futuros alumnos e alumnas.

20190227
Ler máis...

Na procura dunha metodoloxía xeoespacial de baixo custo para unha xestión máis sostible das áreas mariñas

As probas experimentais desenvolveranse nas Illas Cíes

Once investigadoras e investigadores do Grupo de Ecoloxía Costeira do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal e do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, xunto a persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas, traballarán ata xaneiro do ano 2020 no proxecto Alganat2000 (Mellora da xestión, seguimento e mantemento da biodiversidade en áreas mariñas protexidas mediante técnicas xeoespaciais automatizadas de baixo custo para a monitorización e cartografiado de hábitats intermareais).

20190225
Ler máis...

Tituladas pola Universidade e agora formadas para “inspirar” ás científicas e tecnólogas do futuro

O programa Inspira Steam Galicia chegará aos centros en marzo

Son 18 mulleres egresadas pola Universidade de Vigo, na súa maior parte nas enxeñarías industrial, de telecomunicación e minas. Todas están en activo, algunhas á fronte de empresas creadas por elas mesmas e nalgúns casos, mesmo imparten clase nos centros nos que un día foron alumnas. E desde esta semana todas elas son ademais mentoras do proxecto Inspira Steam Galicia, unha iniciativa que tivo a súa orixe na Universidad de Deusto coa finalidade de promover as vocacións científicas e tecnolóxicas entre as nenas, e arredor da que a Universidade de Vigo comezou a traballar hai case un ano coa iniciativa IREI, Inspirando ás Rapazas para Estudar Enxeñería.

20190222
Ler máis...

A Universidade participa na creación dun innovador dispositivo de xeolocalización de contedores

A principal innovación desta tecnoloxía é que permite un seguimento continúo do produto

Un dispositivo de xeolocalización de contedores, capaz de realizar un seguimento continúo do produto tanto en interiores como en exteriores e que, ao tempo, sexa quen de achegar información en tempo real sobre diferentes parámetros de interese (humidade, temperatura, etc.) Este é o grande obxectivo de GOINg –Desarrollo de nuevas herramientas integradas IoT de Geolocalización Outdoor/INdoor para loxística 4.0-, un proxecto enmarcado no programa Conecta Peme 2018, liderado pola empresa coruñesa Rotogal e no que tamén participa o Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo.

20190219 2
Ler máis...