fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

O futuro decídese no campus

Con charlas informativas e visitas aos centros

Tras abrir á sociedade os campus de Ourense e Pontevedra ao longo desta semana, hoxe xoves foi a quenda de Vigo, que acolleu as Xornadas de Portas Abertas destinadas ao futuro alumnado universitario. Esta iniciativa ten como obxectivo amosar a oferta académica e innovadora da Universidade de Vigo ao que é o seu potencial alumnado, mozos e mozas de educación secundaria que teñen que perfilar cara onde queren encamiñar a súa vida universitaria.

20190620

A xornada arrancou cunha charla xeral da man do Servizo de Información ao Alumnado sobre os procesos de preinscrición e matrícula, que para o alumnado se Secundaria resultan completamente alleos. Posteriormente a vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, fixo unha presentación da oferta académica dos tres campus dividida por ámbitos, ao tempo que repasou as bolsas e axudas ás que poden acceder así como as instalacións coas que conta a Universidade, como residencias, as bibliotecas, centros deportivos, etc.


Ler a noticia completa no DUVI