Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Un sistema robotizado mellora a calidade e reduce custes no control de obras de edificación

Realizouse unha proba piloto xeral con todos os socios implicados no proxecto Auto-BIMo

Un sistema robotizado que reduce custos, axiliza obras e mellora a supervisión da calidade no control de obras de edificación. Isto son os tres principais logros que se conseguiron con Auto-BIM, un proxecto de investigación enmarcado no programa Retos-Colaboración 2016, financiado con preto dun millón de euros e posto en marcha por un consorcio liderado pola empresa Vías y construcciones e no que tamén participa o grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo. A piques de rematar o proxecto –farao o vindeiro mes de marzo- realizouse unha proba piloto xeral do novo sistema na que participaron todos os socios e na que se demostrou a súa valía.

20190118

Para levar a cabo esta proba piloto elixiuse un bloque de vivendas en construción na localidade catalá de Badalona e os resultados acadados demostraron que o software deseñado axuda notablemente á redución de tempos e á sistematización e mellora global no replanteo e control de calidade de obras de edificación, informatizando o proceso de seguimento da evolución de obra e detección de desviacións respecto ao planeado, o que se traduce na redución de custes, axilización das obras e mellora da calidade.


Ler a noticia completa no DUVI