fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Nove días en Londres, Boston e Nova York co programa ‘Movers by FUE’ que recoñece o mellor alumnado en prácticas

A iniciativa da Fundación Universidad-Empresa acadou este ano a súa 6ª edición

Viaxar a Londres, Boston e Nova York, visitando universidades e institucións académicas como Harvard, o Massachusetts Institute of Tecnology ou a London Business School; entidades como o New York City Council e sedes de grandes empresas como Morgan Stanley ou WeWork. Así discorreron nove días na vida de Alexandre Pérez Rodríguez, un vigués de 23 anos que acaba de graduarse na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e que foi seleccionado entre case 2000 candidatas e candidatos para participar na 6ª edición do programa Movers by FUE da Fundación Universidad-Empresa. “Este programa é unha experiencia formativa en centros e universidades internacionais para aqueles estudantes en prácticas que destacan polo seu desempeño académico, profesional e persoal, levada a cabo pola Fundación Universidad-Empresa e a Asociación de Becarios de Excelencia Rafael del Pino”, explica Alexandre Pérez, que decidiu presentarse ao programa animado pola empresa Maviva SG, na que estaba a realizar prácticas e na que agora está a traballar como enxeñeiro técnico júnior de loxística e métodos.

20190711
Ler máis...

Catro novas promocións de tituladas e tituladas abandonan as aulas da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Preto de cincuenta estudantes protagonizaron o acto celebrado en Afundación

O auditorio da sede Afundacion acolleu o pasado venres o acto de graduación de catro novas promocións (dúas de grao e dúas máster) da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo. As e os 33 alumnos das VI promocións dos graos en Enxeñaría dos Recursos Mineiros de Enerxéticos e en Enxeñaría da Enerxía e as e os 13 das IV promocións do máster en Enxeñaría de Minas e en Xeoinformática recibiron as súas distincións nun acto que estivo presidido pola vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, en representación do reitor, e no que Patricia Durany Fernández, egresada do centro e compliance & systems manager da empresa británica Viridor ofreceu unha lección maxistral.

20190701
Ler máis...

O futuro decídese no campus

Con charlas informativas e visitas aos centros

Tras abrir á sociedade os campus de Ourense e Pontevedra ao longo desta semana, hoxe xoves foi a quenda de Vigo, que acolleu as Xornadas de Portas Abertas destinadas ao futuro alumnado universitario. Esta iniciativa ten como obxectivo amosar a oferta académica e innovadora da Universidade de Vigo ao que é o seu potencial alumnado, mozos e mozas de educación secundaria que teñen que perfilar cara onde queren encamiñar a súa vida universitaria.

20190620
Ler máis...

Buscando mozas e mozos con vocación mineira e enerxética

A visita incluíu un taller de actividades manipulativas e unha charla explicativa sobre os graos

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía abriu este mércores as súas portas ás mozas e mozos interesados en coñecer máis de preto a oferta formativa dun centro no que se imparten os graos en Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e no que, ademais, o peso dos seus grupos de investigación é tamén moi forte, tanto en temas relacionados con enerxía, como con medio ambiente e materiais.

20190619
Ler máis...

A Universidade abrirá as súas portas ao alumnado de ensino medio e ás súas familias do 18 ao 20 de xuño

Só será preciso realizar inscrición previa para grupos de máis de 15 persoas

Charlas, talleres, visitas guiadas, exhibicións, obradoiros… A Universidade de Vigo celebrará do 18 ao 20 de xuño unha gran Xornada de Portas Abertas, XOU, tres días nos que a institución convida ao alumnado de ensino medio e ás súas familias a achegarse aos campus e coñecer máis de preto as diferentes escolas e facultades e a vida universitaria. Será o 18 no campus de Ourense, o 19 en Pontevedra e o 20 en Vigo e as persoas interesadas poderán achegarse sen necesidade de realizar ningún tipo de inscrición previa, salvo que se trate de grupos de máis de 15 integrantes.

20190531
Ler máis...