fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

02/02/2018 - Saída de campo a SOGAMA para alumnos de 1º e 2º de Grao

O vindeiro 2 de febreiro, o estudantado de 1º e 2º curso do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do Grao en Enxeñaría da Enerxía terán a posibilidade de realizar unha Saída de Campo ao Complexo Medioambiental de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente).

O prazo de inscrición remata o 29 de xaneiro.


Sogama

Dado que as prazas son limitadas, asignaranse por rigurosa orde de inscrición: formulario de inscrición

A saída será ás 9:00 horas desde a escola e a hora prevista de regreso será ás 17:00 horas. Farase unha parada nun restaurante de carreteira para o almorzo.

Para poder acceder ás instalacións é necesario ler detidamente e asinar a autorización sobre o Uso de imaxe e datos, o Procedemento de Seguridade e o Compromiso de Cumprimento do mesmo. Ambos documentos asinaranse o día da saída antes de subir ao autobús.


Uso de imaxe
Procedemento de seguridade
Compromiso de cumprimento