fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Xornada "TURISMO E PATRIMONIO MINEIRO"

Data: 26 de xuño
Lugar: Sede Afundación, Santiago de Compostela

O Instituto Geológico y Minero de España (IGME) e a Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través da plataforma Minaría Sostible de Galicia, promoven a posta en valor do patrimonio e da historia da minaría e a xeoloxía. Para iso impulsaron estudos e publicacións con alto potencial de ser aproveitadas como base para un uso turístico nos concellos con pasado mineiro, coa base das súas instalacións e as características do seu solo.

A xornada ten como obxectivo achegar aos técnicos de turismo, Grupos de Acción Local (GAL) e Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) de concellos con pasado mineiro de Galicia as enormes posibilidades do turismo industrial e mineiro.

O evento contará coa colaboración de Turismo de Galicia (Consellería de Cultura) e a Dirección Xeral de Minas e Enerxía (Consellería de Economía, Emprego e Industria).

Máis información e inscrición

Programa

09.30 h
Apertura oficial

09.45 h
Mesa redonda. Turismo xeomineiro en Galicia

11.30 h
Pausa café

12.00 h
Presentación do libro ‘Patrimonio Mineiro de Galicia’ e das ‘Rutas Xeomineiras’

12.15 h
Turismo Industrial en Galicia

12.30 h
Mesa redonda. As posibilidades do patrimonio mineiro para o desenvolvemento turístico dos concellos

13.45 h
Peche