fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Xornada "Biodeterioro e biorreceptividade das rocas graníticas"

O próximo xoves , 13 de xuño, o Grupo de estudos medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC (GEMAP-USC) vai celebrar unha xornada, en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico de Granito de Galicia, para difundir algúns resultados das súas investigacións.

O tema a tratar enmárcase na liña de investigación “Biodeterioro e biorreceptividade das rocas graníticas”. No GEMAP traballouse na definición dun índice de biorreceptividade (susceptibilidade dun material para ser colonizado por organismos e microorganismos), parámetro que será de gran utilidade para clasificar os granitos en función desta propiedade e, deste xeito, facilitar a selección dunha variedade ou outra segundo o uso que se lle vaia dar. Trátase de dar a coñecer estes resultados entre os profesionais do sector da pedra natural (graniteiros, comerciais, etc.), da construción e restauración (arquitectos, restauradores, etc.) e entre os responsables da conservación do patrimonio construído.

Data: 13 de xuño ás 9.45 h.
Lugar: Centro Tecnolóxico de Granito de Galicia (Ribeira S/N, Torneiros, 36410, O Porriño) 
Organiza: Grupo de estudos medioambientais aplicados ao Patrimonio da USC e Fundación Centro Tecnolóxico de Granito de Galicia