Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Oferta de emprego - contrato con cargo ao proxecto CBHE CRECE

Convócase proceso de selección para contratación de persoal de investigación para o proxecto “CBHE-CRECE Capacity Building for Renewable Energy Planning in Cuban Higher Education Institutions”.


Requisitos das/os candidatas/os:

  • Titulado Superior: Licenciado ou Enxeñeiro.
  • Experiencia e coñecementos en enerxía renovables, enerxía da biomasa.
  • Capacidade de traballo en equipo, en entornos multiculturais, e de elaboración de informes técnicos.
  • Nivel de inglés alto.
  • Publicacións científicas no ámbito da enerxía.

Traballo a levar a cabo e condicións contractuais:

  • Apoio as actividades investigadores e de execución do proxecto CRECE con Cuba e Costa Rica.
  • Duración: ata 31 de decembro de 2018.
  • Data estimada de incorporación: 15 de abril de 2018.
  • Retribución: Contrato laboral cunha dotación de 1350 € brutos ao mes (xornada a tempo completo)
  • Lugar de traballo: Edificio Miralles, Campus Lagoas-Marcosende en Vigo.

Proceso de Selección:

Realizarase segundo o CV actualizado en base ao expediente académico, experiencia laboral, e a unha entrevista persoal (se fose preciso). O proceso selectivo será resolto por unha Comisión formada polos profesores involucrados no proxecto CRECE. Ás persoas que se presenten á selección proporcionaráselle unha lista ca/ocandidata/o seleccionada/o e as/os candidatas/os en reserva.


Envío de solicitudes e CVs a: .

Data límite de envío: 23 de marzo de 2018.