fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Política e Obxectivos de Calidade

POLÍTICA DE CALIDADE | OBXECTIVOS DE CALIDADE

Política de Calidade


A política de calidade do centro deriva da importancia que ten consolidar unha cultura de calidade no ámbito universitario, da súa consideración como un factor determinante para acadar a satisfacción das expectativas formativas do seu estudantado egresado e o seu recoñecemento nos ámbitos académicos, profesionais e sociais nos que se integran.

Para iso existe o compromiso en empregar todos os recursos humanos e materiais dispoñibles dentro do cumprimento da normativa vixente e en coherencia cos criterios e directrices establecidos. Así se establecen as seguintes liñas xerais que constitúen a política de calidade do Centro:

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos con especial relevancia aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e do estudantado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e procesos a ela vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do Sistema de Garantía Interna de Calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e as súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre as mulleres e os homes.
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.

Obxectivos de Calidade


Procesos
Proced.
Obxectivos Indicadores Meta curso 2017-2018
ERME EE EM XI
AC
AC-0104 P1
AC-0201 P1
AC-0401 P1
DO
DO-0202 P1
Adaptar a oferta formativa á demanda sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade.
Adaptar o perfil de ingreso do alumnado ao perfil requirido.
Captar un volume de estudantado axustado á oferta de prazas.
Difundir a oferta formativa.
Evolución do estudantado matriculado en cada curso académico 30 50 ≥ 15 20
Ocupación da titulación 60% 100% 80% 80%
Preferencia 50% 100% 50% 100%
Adecuación 50% ≥ 90% 70% 100%
Nota mínima de acceso do estudantado ao título > 7 > 8 > 7 > 7
DO
DO-0201 P1
Mellorar a planificación e desenvolvemento da titulación. Grao de satisfacción das persoas tituladas coa planificación e desenvolvemento da ensinanza > 3 > 3 > 3 -
Grao de satisfacción do profesorado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza > 3 > 3 > 3 -
Grao de satisfacción do alumnado coa planificación e desenvolvemento da ensinanza > 3 > 3 > 3 > 3
Mellorar os resultados académicos das titulacións. Duración media dos estudios ≤ 5 ≤ 5 ≤ 2.5 ≤ 1.5
Taxa de rendemento > 50% > 70% > 70% > 70%
Taxa de abandono < 15% < 15% - -
Taxa de eficiencia > 80% > 80% > 80% > 80%
Taxa de graduación > 20% > 70% - -
Taxa de éxito > 80% > 80% > 80% > 80%
Xestionar de forma efectiva os programas formativos. Seguimento das titulacións 100%
Acreditación das titulacións 100%
PE
PA-05
PA-06
Mellorar a cualificación do PDI e do PAS. Cualificación do PDI mellorar datos actuais
Resultados de investigación de carácter académico > 60% > 60% > 70% > 70%
% de PAS en programas de formación > 80%
MC
MC-05 P1
Mellorar a satisfacción dos grupos de interese. Grao de satisfacción das persoas tituladas > 3
Grao de satisfacción das empresas empregadoras sen datos
Grao de satisfacción do profesorado > 3
Grao de satisfacción do alumnado > 3
DE
DE-02 P1
Certificación da implantación do SGC do centro. Certificación da implantación de sistemas de calidade Renovación