fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Preguntas frecuentes

Para acceder a diversos servizos que a Universidade de Vigo ofrece a través de Internet precisarás identificarte. Na maioría dos casos esta identificación será mediante o Número de Identificación Universitaria ou NIU.

Os NIUs créanse de forma automática para os estudantes ao realizar a matrícula, polo que se te acabas de matricular non deberías ter que crealo, chega con que solicites recuperar os teus datos de acceso á Secretaría Virtual, para elo:

  • Accede á Secretaría virtual
  • Preme na ligazón "Non lembro o NIU/contrasinal"
  • Introduce o correo electrónico que teñas rexistrado na Universidade. Enviaranche un correo cunha ligazón na que deberás premer para visualizar o teu NIU e/ou proceder a resetear a túa conta.

Se se produciu algún erro e o teu NIU non se creou tes a opción de crealo ti mesmo:

  • Accede á Secretaría virtual
  • Preme na ligazón "Cree o seu NIU"
  • Selecciona o seu perfil: Son estudante da Universidade de Vigo
  • Identifícate:
    • Se dispós do código de seguridade que aparece na última páxina da web de automatrícula introdúceo
    • Se non dispós deste código enviarémosche un correo electrónico ao enderezo que teñamos asociado á túa conta.

faq1

É a túa propia secretaría na rede. A través dela poderás realizar multitude de trámites interesantes:

  • Consultar as túas notas
  • Modificar os teus datos persoais que ten a Universidade
  • Facer a matrícula en 2º e posteriores cursos
  • Realizar modificacións de matrícula nos prazos establecidos
  • Solicitar a anulación da matrícula
  • Solicitar o envío de notas ao teu móbil
  • Solicitar bolsas da Uvigo (comedor, residencia..)
  • Xestionar os teus contratos de mobilidade

Para acceder debes introducir o teu NIF, NIU e contrasinal. Cando xa os teñas podes acceder á Secretaría virtual.

faq2

A Universidade de Vigo pon a disposición da comunidade universitaria (PAS, PDI e alumnos) contas de usuario no dominio @uvigo.es para todo o persoal, con excepción dos alumnos para os que dispón o dominio @alumnos.uvigo.es.

Esta conta serve para acceder a: Wifi, Correo electrónico, Aplicacións do servizo de Deportes, de Cultura, de Biblioteca. É convinte e aconsellable ter unha conta deste tipo xa que moitos profesores só contestan a estas contas e ademais as contas de correo en Hotmail crean problemas alleos ao servizo de correo electrónico.

A conta de correo uvigo créase de forma automática unha vez matriculado. A primeira vez que vas a usar a túa conta de correo debes activala. Para activar a conta ou modificar os datos da mesma debes seguir os seguintes pasos:

  • Conectarte ao webmail da Universidade de Vigo
  • Premer na ligazón "Axuda" da columna da dereita
  • Identificarte no sistema de identificación centralizada da Universidade de Vigo mediante un dos seguintes métodos:
    • Conta de correo (Neste caso é imposible porque non coñeces a clave)
    • Datos de acceso á secretaría virtual (documento de identidade + NIU + clave de acceso)
    • DNI electrónico
  • Agora xa podes acceder ao nome de usuario da túa conta, cambiar o contrasinal, redirixir o correo ou establecer unha resposta automática ás mensaxes recibidas.

Co teu Usuario e Contrasinal xa podes acceder ao correo conectándote no webmail da Universidade de Vigo.

Dispós tamén dun manual paso a paso sobre a conta de correo.

faq3

A tarxeta universitaria (TUI) é unha tarxeta intelixente realizada en colaboración co Santander, que acredita ao estudantado, profesorado e personal de administración e servizos como membros da comunidade universitaria.

Non é preciso renovar o carné Universitario cada ano. É completamente independente do NIU, aínda que unha vez a solicites o teu NIU será estampado nela.


Para que podes empregala?

  • Acreditación universitaria
  • Acceso a recintos e ordenadores das aulas de informática
  • Préstamo de libros en bibliotecas
  • Consultas en Puntos de Información e, opcionalmente, en caixeiros 4B
  • Tarxeta deportiva
  • Moedeiro electrónico
  • Descontos en comercios
  • Sinatura Electrónica

Como obter a tarxeta universitaria?

Setembro e outubro: Sala 2 do Edificio Miralles, Vestíbulo do andar 0 da Escola
Resto do ano: Oficina do Banco Santander (Praza Miralles)

faq4

Para conectarte á wifi de calquera centro da Universidade de Vigo precisarás ter unha conta de correo tipo ou .

Unha vez que teñas a túa conta de correo poderás acceder á wifi. Só hai que conectarse a rede, abrir un navegador y autenticárote coa túa conta de correo uvigo e clave.

Na sección Rede Wireless da web da Universidade de Vigo tes instrucións detalladas de cómo conectarte.

A Universidade de Vigo ten un Servizo Teledocencia (FAITC) cuxo obxectivo é ser un complemento virtual da docencia presencial das materias.

Dende él, podes acceder ás plataformas de docencia das distintas materias, nas que o profesorado administra os contidos de aprendizaxe:

  • Descrición do curso.
  • Espazo para documentos.
  • Anuncios e Avisos.
  • Cuestionarios e exercicios.
  • Debates e foros.

Son de acceso restringido y sólo podrán acceder los alumnos matriculados en dichas materias. Una vez formalizada la matrícula ya podéis acceder a dicha plataforma donde tendréis información de las materias de las que os habéis matriculado:

  1. Accede a través da páxina web de FaiTIC.
  2. Introduce o teu usuario e contrasinal (o código de usuario e contrasinal inicial, por defecto, é o teu número de DNI, sen letra, espazos, nin signos de puntuación).
  3. Pincha en TEMA e terás a listaxe de materias nas que estás matriculado.

Tras la primera conexión, es recomendable que el usuario/a modifique su contrasinal en el enlace de la izquierda "Datos personales". En este apartado también debe incluir la dirección de correo-e que utilice habitualmente, ya que le permitirá recuperar la contrasiña, en caso de extravío, o recibir información de su profesorado de forma personalizada.

Para recibir información e/ou avisos do profesorado no teu correo é necesario ter entrado polo menos unha vez na materia a través de FAITIC, polo que é moi recomendable que ao comezo do curso entres en todas as túas materias.

Ademáis das materias habilitouse o espazo “PAT Minas: Alumnos de primero de grado”, no cal teredes información sobre horarios, grupos de prácticas, cursos e calquera outra información que se considere relevante durante o desenvolvemento do curso.


Dispós dun manual completo na seguinte ligazón.


faq6

As listas de distribución son mecanismos de difusión de información baseados no correo electrónico. O obxectivo dunha lista de correo é enviar mensaxes a varios usuarios á vez, en vez de enviar unha mensaxe individual a cada un deles.

Existen máis de 250 listas na Universidade, as de maior interese para ti son:

  • gradoee: Lista para a distribución para o estudantado de Grao en Enxeñaría da Enerxía da EME.
  • gradoerme: Lista para a distribución para o estudantado de Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos da EME.
  • minas_mobilidade: Información relativa aos programas de intercambio e axudas á mobilidade estudiantil e de profesorado da EME.
  • daminas: Lista para a distribución dos representantes do estudantado da EME.
  • avisos: Lista de difusión de avisos de interese da Universidade de Vigo.

Para suscribirte nalguhna delas:

    1. Accede a través da páxina web de listas de distribución de Uvigo.
    2. Escolle a lista á que queres suscribirte.
    3. Enchenda os datos do formulario.
    4. Enviaráseche unha mensaxe de correo electrónico na que lle será solicitada unha confirmación para previr que outras personas o/a subscriban sen o seu consentimento.
    5. Logo de recibir a confirmación, a solicitude enviaráselle ao administrador da lista para que a aprobe.
    6. Por último, enviaráseche unha notificación coa decisión do administrador por correo electrónico.

    faq7