Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Novo alumnado

O equipo directivo da EME quere darvos a benvida á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e informarvos das actividades de benvida dos primeiros días de setembro

ACTO DE BENVIDA

O venres 7 de setembro ás 10:00 horas na Aula M-211, terá lugar o acto de benvida ao estudantado de novo ingreso dos graos do centro. O acto servirá para recibir ao novo estudantado e para informarvos dos aspectos máis relevantes para comezar o curso e os estudos na escola:

A continuación, o estudantado veterano da escola dirixiranvos nunha visita polo centro para que coñezades as súas instalacións.


Para nós é moi importante coñecer as vosas inquedanzas e expectativas en relación ao grao que ides cursar e a vosa futura vida universitaria, polo que nos gustaría que cubrísedes a seguinte enquisa:

REALIZAR A ENQUISA


Os que cubrades esta enquisa a través deste formulario, recibiredes un agasallo da Escola na xornada do venres 7 de setembro! Agardamos as vosas respostas...


COMEZO DAS CLASES

O luns 10 de setembro as clases comezarán segundo os horarios e calendario escolar aprobados polo centro.


CURSO SOBRE OS RECURSOS DA BIBLIOTECA

O martes e mércores, 11 e 12 de setembro de 13 a 14h, impartirase no laboratorio de informática M-212 un curso sobre o emprego dos recursos didácticos da biblioteca. A sesión do martes está reservada para os grupos B3 e B4, e a do mércores para o B1 e B2.


PRIMEIRA REUNIÓN DE MENTORIZACIÓN

O mércores 19 de setembro de 13 a 14h na Aula M-211, celebrarase a primeira reunión dos Mentees cos seus mentores, dentro do Programa de Mentorización da Escola (MEET-Minas).


SESIÓN INFORMATIVA SOBRE OS SERVIZOS DA UVIGO

O mércores 26 de setembro ás 13:00 horas na Aula M-211 tras rematar as clases segundo os horarios establecidos, terá lugar unha sesión sobre os Servizos da Uvigo, onde os representantes destes servizos presentaran a súa oferta para o curso 2018-2019.

Esperámoste nos Actos de Benvida para comezar todos xuntos esta nova etapa da túa vida.