fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Sociedade Mineralóxica Galega

A Sociedade Mineralóxica Galega (SMG) fundouse o 24 de Maio de 1997 como unha sociedade sen ánimo de lucro, tras unha serie de reunións preparatorias, nas cales decidiuse os seus futuros obxectivos e actividades, e baixo a protección e amparo da Área de Prospección e Investigación Mineira da EME da Universidade de Vigo. A finalidade da SMG é a de promover, difundir e coordinar actividades de interese para a formación de mineraloxistas afeccionados, así como a de fomentar o coleccionismo, servindo como centro de información e difusión entre os interesados. Por outra banda, ten como obxectivo a protección de xacementos minerais e empregará todos os seus recursos para lograr a conservación de xacementos históricos ou mineraloxicamente interesantes. Cabe destacar neste punto a especial atención que a actual directiva está prestando a este aspecto, que considera básico: a conservación do patrimonio industrial e mineiro. Actualmente é de destacar a fundamental intervención da EME de Vigo, proporcionando infraestructuras e medios materiais ineludibles para o funcionamento básico da SMG. Entre os seus planes inmediatos están a edición dunha publicación anual con formato de boletín ou revista, onde realizarase un estudio mineralóxico e xeolóxico das minas visitadas. Contará ademais con outras seccións nas cales pretendese involucrar aos socios e incluso profesores da EME.


Actividades

Concurso fotográfico 2009 | Libro concurso Mundo Mineiro 2009: Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Parte 4 | Parte 5

Concurso fotográfico 2008 | Libro concurso Mundo Mineiro 2008: Parte 1 | Parte 2 | Parte 3 | Parte 4 | Parte 5 | Parte 6


Web da Sociedade Mineralóxica Galega