fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Cartel de Minas

O Cartel de Minas é un evento deportivo universitario de ámbito internacional único en Europa no que cada ano participan unha morea de estudiantes das Escolas de Minas de Francia, Alemaña, Italia e España. Ten o seu orixe en 1974 nos torneos interuniversitarios de rugby das prestixiosas Escolas de Minas francesas. Na década dos oitenta, a organización decidiu ampliar o número de países coa invitación das escolas de Madrid e as alemáns de Bochum e Clausthal. A EME competiu por primeira vez no ano 2002, cando foi invitada a participar na edición de Oviedo. O Cartel de Minas permite ao noso alumnado coñecer de primeira man a realidade estudiantil en outros países europeos e establecer relacións persoais que poden resultar útiles no seu futuro profesional. No ano 2007 media centena de estudiantes participaron representando a nosa EME en París. Durante os catro días que durou o evento celebraronse diferentes competicións deportivas como volleyball, baloncesto, fútbol, balonmán, rugby, natación, atletismo, bádminton, tenis, ping-pong, xadrez ou duathlon.

No ano 2008 celebrouse en Vigo unha reunión deportiva con máis de 150 estudantes de catro universidades españolas (Vigo, León, Oviedo e Madrid), nunha iniciativa que xurde inspirada no Cartel des Mines. Esta primeira edición contou con competicións de sete modalidades deportivas como un xeito de interaccionar e coñecerse, ao tempo que tamén se dan a coñecer as escolas de Minas a nivel nacional. De cara a futuras edicións agárdase que se poida aumentar o número de participantes, convidando a máis escolas e incluíndo aos enxeñeiros técnicos que esta vez non participaron. O evento contou coa colaboración do Servizo de Deportes da Universidade, EME e da empresa Coca-Cola.