Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Antigos alumnos

Queremos seguir en contacto con todo o estudantado que pasou por esta escola e manter un vínculo coa Universidade ofrecendo informacion de interese para os egresados: ofertas de emprego, novidades, posgraos, cursos, xornadas, ponencias, seminarios, publicacións, actividades culturais, etc. En resumo, un lugar de encontro de información e vínculo de unión entre antigos alumnos pero tamén cos que actualmente están cursando a súa formación na escola.

Poderás recibir toda a información e estar en contacto con nós e cos teus compañeiros a través de:

 


Outra información dispoñible na web da EME


Ofertas de emprego
Noticias e avisos
Orlas


Estudos e Informes


Informe Inserción Laboral 1992-2017

O martes 6 de xuño de 2017 na Aula de Grao da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía presentouse o informe “Estudio de la inserción laboral de los egresados de la Escuela de Ingeniería de Minas y Energía. 1992-2017” elaborado pola dirección da escola en base á enquisa realizada aos egresados da mesma. O obxectivo é dispoñer de información veraz, contrastada e actualizada sobre o emprego e a inserción laboral dos nosos egresados a efectos de planificar axeitadamente as liñas de actuación a seguir polo centro.

Noticia no DUVI

Informe Inserción Laboral 1992-2017


Estudo de Xénero na EME

O xoves 12 de xuño do 2014 tivo lugar a II Xornada Universitaria Galega en Xénero, organizada polas unidades de igualdade das tres universidades galegas. Un grupo de profesoras da EME da Universidade de Vigo, coa colaboración das egresadas da EME dende a súa creación (Promocións 1997-2013) presentou un estudo sobre a presenza das mulleres nos estudos de Enxeñaría de Minas, comparativamente a outras enxeñarías, así como o grao de dificultade das egresadas para desenrolar a súa actividade profesional neste campo.

Noticia no DUVI

Poster XUGeX 2014


Contacto: