Acto de graduación 2020

Celebración da primeira gradación virtual da Universidade de Vigo en tempos de COVID-19. O acto, celebrado o 18 de xuño do 2020, contou coa participación da vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes de Extensión Universitaria, Natalia Caparrini, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Juan José López, así como de representantes de empresas, antigos alumnos e profesores. Os cinco graduados tiraron de humor para lucir birrete grazas a unha montaxe. Tamén participou o seu padriño, o profesor Javier Taboada.