fbpx
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Buscando mozas e mozos con vocación mineira e enerxética

A visita incluíu un taller de actividades manipulativas e unha charla explicativa sobre os graos

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía abriu este mércores as súas portas ás mozas e mozos interesados en coñecer máis de preto a oferta formativa dun centro no que se imparten os graos en Enxeñaría da Enerxía e Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e no que, ademais, o peso dos seus grupos de investigación é tamén moi forte, tanto en temas relacionados con enerxía, como con medio ambiente e materiais.

20190619

As visitas organizáronse en varias quendas, cada unha delas cunha duración aproximada de unha hora e media, incluíndo un taller de actividades manipulativas relacionadas con enxeñaría de materiais ou motores e unha breve charla explicativa, que correu a cargo da directora do centro, Elena Alonso, sobre as saídas profesionais dos egresados da escola.


Ler a noticia completa no DUVI