Webinar Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras

O mércores 17 de novembro celebrarase o webinar «Minaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras».

Trátase dunha xornada sobre técnicas exemplares empregadas en restauracións mineiras. Os asistentes poderán coñecer mediante testemuños exemplos de restauracións mineiras en pequenas e grandes explotacións dos diferentes subsectores mineiros.

Será o segundo webinar dentro do ciclo de xornadas en liña impulsadas pola Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través de Minaría Sostible de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia.

Podes consultar máis información e realizar a inscrición na seguinte ligazón.