Oferta de emprego: Investigador/a no proxecto “Modelado do envellecemento de baterías para o almacenamento de enerxía

Referencia da oferta de Itmati: ITMATI-OT-02/2021

Proxecto: Modelado do envellecemento de baterías para o almacenamento de enerxía.

Descrición do posto: Un contrato polo trámite de urxencia de nove meses (a xornada completa durante cinco meses e a xornada parcial durante catro meses) como investigador/a para o proxecto de investigación no marco do contrato entre ITMATI (Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial) e unha empresa do sector da enerxía.

Titulación requirida: Grao, licenciatura ou enxeñaría relacionada coas matemáticas, a física, a enxeñaría e a informática.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de abril de 2021.

Máis información aquí.