Canosa Saa

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Edificio Isaac Newton
Despacho 1
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 812 034
jcanosa@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en CC. Químicas (especialidade de Química Industrial) pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1992. Doutoramento en Química polo Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo no ano 2000 no campo da termodinámica e propiedades de transporte de mesturas liquidas. Profesor Titular de Universidade desde o ano 2002. Traballei no ámbito investigador desde 1993 cando comecei facendo a miña Tese de Doutoramento no campo da Termodinámica e concretamente no estudo dos procesos de separación e transporte, tanto na determinación experimental como no estudo teórico de magnitudes termo-físicas e de equilibrio entre fases de sistemas multicompoñentes: Equilibrio liquido – Vapor (ELV) e do Equilibrio líquido – liquido (ELL). Na última década teño contribuido no estudo dos Líquidos iónicos. Esta investigación centrouse na caracterización termo-física dos líquidos iónicos e a utilización destes solventes como axentes extractores en procesos de extracción líquido – líquido de mesturas de interese industrial. Participei como investigador en 8 proxectos de carácter nacional, 2 accións especiais para a formación da Rede Temática de Líquidos Iónicos a nivel nacional, 4 proxectos de investigación autonómicos (financiados pola Xunta de Galicia) e 6 proxectos locais da propia Universidade de Vigo. Son coautor de 52 artigos (cun índice H = 20) publicados en revistas científicas do ámbito da Enxeñaría Química. Teño recoñecidos 3 tramos de investigación ou sexenios. No ámbito da formación e a docencia, codirixin unha Tese de Doutoramento con nota de sobresaínte cum laude, e dirixín diversos proxectos fin de grao e máster. Con dous quinquenios de docencia son Titular de Universidade e imparto docencia na Universidade de Vigo desde o ano 1997, primeiro como bolseiro predoutoral e posteriormente como profesor asociado, titular interino e a partir de 2002 como profesor titular de universidade. Na actualidade, desde o 2010, son coordinador do máster oficial “Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca”, máster de carácter profesionalizante organizado pola Universidade de Vigo e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO–CECOPESCA). Centro tecnolóxico de referencia no desenvolvemento e investigación dos produtos do mar.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Máster Universitario en Enxeñaría de Minas

V09M148V01303 | Simulación Aplicada a Procesos Químicos

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Procesos de Separación